O Concello de Boiro convoca unha reunión cos hostaleiros e resolve as dúbidas sobre a nova normativa das terrazas

03 Decembro 2020

O Concello de Boiro realizou este 3 de decembro unha xuntanza cunha ducia de hostaleiros da localidade na Casa da Cultura, co obxectivo de solucionar as dúbidas respecto á entrada en vigor da nova ordenanza de terrazas na vía pública e escoitar suxestións. A proposta levarase ó pleno para a eliminación das taxas do próximo ano, 2021.

Na reunión estiveron o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, o Concelleiro de Comercio, Marcos Fajardo, a tesoureira municipal, Marta Oviedo, e representantes da Policía Local.

Un dos cambios máis importantes da nova normativa é a modificación do prazo de solicitude das terrazas, xa que varía en función do momento do ano en que se coloque a terraza. Anteriormente a petición de terrazas para todo o ano podía facerse antes do día 15 de decembro. Nesa mesma solicitude, os hostaleiros indicaban o número de mesas que colocarían durante o ano, nas celebracións festivas como Semana Santa ou no verán. Sen embargo, coa nova ordenanza, os prazos están abertos do 1 de marzo ao 15 de abril e 10 días antes da data no caso de Semana Santa.

Outra das medidas que se modificaron foi a relativa ao horario de apertura das terrazas. Sempre que sexa véspera dunha época festiva ou estival, é dicir dende o 1 de maio ao 30 de setembro, estas poderán abrir ata un máximo das 00:00 horas de luns a xoves e ata as 02:00 horas nas noites dos venres, sábados e domingos.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.