O Concello arranxa os desprendementos en Cures, Boiro

21 Decembro 2020

O Concello de Boiro leva a cabo tarefas de acondicionamento na estrada que vai da aldea de Carboeiro a Cadarnoxo, na parroquia de Cures. Debido ás choivas das ultimas semanas, producíanse numerosos desbordamentos de auga e terra na estrada, o que xeraba un perigo para a condución pola zona.

A actuación, que segundo apunta o Concello viña sendo moi demandada pola veciñanza e persoas usuarias do devandito viario, foi realizada con operarios municipais. Levouse a cabo a limpeza das gabias para evitar os desbordamentos de terra e auga polas fortes choivas, e tamén se arranxaron os desprendementos que se producían e anegaban a estrada, dificultando o tránsito de vehículos.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.