O cargueiro atómico ruso “Sevmorput” pasará a medianoite a 50 millas de Galicia baixo vixilancia da Mariña Mercante

21 Decembro 2020

O Estado apela á calma e di que o barco non notificou ao Organismo Internacional de Enerxía Atómica “ningún tipo de incidente nuclear”

“Sevmorput”

Tal como vimos informando en O Barbanza” o buque de propulsión nuclear ruso ‘ Sevmorput’ navegará a partir desta medianoite a unhas 50 millas das costas galegas cara a San Petesburgo, cun seguimento permanente por parte da Mariña Mercante.

Segundo asegura o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana nun comunicado, reforzarase o control do barco a través do Centro de Coordinación Nacional de Salvamento Marítimo coa colaboración do Consello de Seguridade Nuclear.

Este organismo xa informou á Mariña Mercante que o buque “non notificou ao Organismo Internacional de Enerxía Atómica ningún tipo de incidente nuclear” durante a súa travesía, algo que sería “de obrigado cumprimento” se se detectase calquera tipo de anomalía que supuxese a liberación de material radioactivo.

O Ministerio tamén indica na nota de prensa que os sistemas de vixilancia radiolóxica ambiental españois non detectaron “ningún valor de medida anómalo” nos días que navegou pola zona marítima das Illas Canarias.

Mariña Mercante fai un chamamento á “tranquilidade” e expresa o seu “desexo” de que o buque atraque en San Petesburgo na data prevista: 31 de decembro. A Dirección Xeral lembra que de producirse algunha incidencia Salvamento Marítimo está preparado para dar unha resposta “inmediata”.

Pola súa banda a asociación ecoloxista “Arco da vella” remitiu un comunicado no que advertía que o paso do ‘ Sevmorput’ fronte a Galicia cunha “propulsión limitada” faría que a súa travesía resultase “particularmente perigosa no medio dun mar encrespado”.

De acordo con cifras deste colectivo, o buque ruso navega cara ás costas galegas a unha velocidade de 10,5 nós, polo que se espera que chegue á vertical de Vigo pasada a medianoite.

Neste contexto, Arco da vella instou a Salvamento Marítimo a manter en estado de alerta a embarcación ‘Don Inda’, xa que, en caso “de emerxencia de rescate”, o gran tamaño do ‘ Sevmorput’ “faríao ingobernable”.

Posición do cargueiro ruso ás 20 horas

Outros artigos

Chega a Ribeira a exposición que reivindica o legado de José Suárez

A praza do Centenario de Ribeira acolleu hoxe a inauguración da exposición itinerante José Suárez, vida e obra, que recala en Santa Uxía ata o 29de setembro baixo o amparo da Real Academia Galega de Belas Artes e ao abeiro dos actos promovidos con motivo do Día das...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.