O cargueiro atómico ruso “Sevmorput” pasa a 50 millas de Galicia baixo vixilancia da Mariña Mercante

22 Decembro 2020
Situación do cargueiro nuclear ruso “Sevmorput” ás 10 horas locais do martes

Tal como vimos informando en O Barbanza” o buque de propulsión nuclear ruso ‘ Sevmorput’ está a pasar desde esta madrugada a unhas 50 millas das costas galegas cara a San Petesburgo, cun seguimento permanente por parte da Mariña Mercante. A esta hora da mañá enfila xa o Cantábrico rumbo a canle da Mancha.

Segundo asegura o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana nun comunicado, reforzouse o control do barco a través do Centro de Coordinación Nacional de Salvamento Marítimo coa colaboración do Consello de Seguridade Nuclear.

Este organismo xa informou á Mariña Mercante que o buque “non notificou ao Organismo Internacional de Enerxía Atómica ningún tipo de incidente nuclear” durante a súa travesía, algo que sería “de obrigado cumprimento” se se detectase calquera tipo de anomalía que supuxese a liberación de material radioactivo.

O Ministerio tamén indicou na nota de prensa que os sistemas de vixilancia radiolóxica ambiental españois non detectaron “ningún valor de medida anómalo” nos días que navegou pola zona marítima das Illas Canarias.

Mariña Mercante fixo un chamamento á “tranquilidade” e expresa o seu “desexo” de que o buque atraque en San Petesburgo na data prevista: 31 de decembro. A Dirección Xeral lembra que de producirse algunha incidencia Salvamento Marítimo está preparado para dar unha resposta “inmediata”.

Pola súa banda a asociación ecoloxista “Arco da vella” remitiu un comunicado no que advertía que o paso do ‘ Sevmorput’ fronte a Galicia cunha “propulsión limitada” faría que a súa travesía resultase “particularmente perigosa no medio dun mar encrespado”.

De acordo con cifras deste colectivo, o buque ruso navegou polas costas galegas a unha velocidade de 10,5 nós, polo que o longod esta mañá do martes sobrepasará a costa galega enfilando xa o Cantábrico.

Outros artigos

ADEGA denuncia agresións a especies protexidas na illa de Ons

A asociación ecoloxista ADEGA denunciou unha agresión ao patrimonio natural galego nas Illas Atlánticas. En concreto, puxo o foco na destrución de exemplares da xesta de Ons (Cytisus insularis S. Ortiz & Pulgar), especie endémica en perigo de extinción que segundo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.