O 87,43 % dos convocados acudiron ata de agora o cribado no Hospital do Barbanza. As vítimas en Galicia chegan a 1.306 trala morte doutras 3 persoas

12 Decembro 2020


As vítimas da pandemia sanitaria na comunidade galega alcanzan xa os 1.306 falecidos, tras a confirmación este sábado de tres novos mortos con COVID-19 por parte das autoridades sanitarias.

Por outra banda o SERGAS informa da participación nos cribados poboacionais realizados pola área sanitaria de Santiago –Barbanza no Hospital do Barbanza para a detección de casos asintomáticos en diversas empresas de A Pobra do Caramiñal, Boiro e Ribeira.

Este venres 11 foron citados: 1.150 e acudiron 977 persoas, o que representa 0 84,95 % por cento dos convocados.

Na xornada do sábado 12 pola mañana foron citados 734 e acudiron 660, o que representa o 89,91 por cento.

Este domingo e o luns seguirán a ser chamadas o resto das 5.400 persoas previstas que serán citadas a través de SMS.
A toma de mostras é nasofarínxea para realizar PCR, que será analizada pola técnica pooling.

Os controis están a ser realizados por persoal de enfermaría do Servizo de Medicina Preventiva da Área Sanitaria de Santiago -Barbanza no Hospital Comarcal do Barbanza . Trátase de realizala detección de casos asintomáticos en diversas empresas de A Pobra do Caramiñal, Boiro e Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.