Novas eliminacións de vertidos sen control en Porto do Son

21 Decembro 2020

A Concellería de Medio Ambiente de Porto do Son está a facer traballos de eliminación de varios puntos de vertidos incontrolados en diferentes recantos do termo municipal, un problema que se mantén e que se reproduce cada pouco malia o intenso labor de concienciación e sensibilización despregado polo Goberno sonense, traballo que se completa co servizo do punto móbil que percorre regularmente as parroquias do concello.

Dende o Consistorio fan un movo chamamento ao civismo en materia de xestión de refugallos e recordan á cidadanía que teima en desfacerse do seu lixo en calquera lugar que os servizos de recollida municipais son de balde. Inclúen punto limpo fixo, punto limpo móbil e recollidas periódicas.

Se por algunha razón existise calquera dúbida o Concello pon a disposición da veciñanza as súas redes sociais e o teléfono 981 867 412 📞 O Goberno local lembra que “o camiño da sustentabilidade e do coidado do medio ambiente témolo que percorrer todos xuntos e no mesmo sentido”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.