Nadal en Galicia comidas de máximo 10 persoas

22 Decembro 2020


A situación da pandemia obrigou á Xunta de Galicia a repensar o seu plan de Nadal. Tal e como anunciou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, desde as 00.00 horas do día 23 ata as 23.00 horas do día 25, a cidadanía poderá desprazarse entre municipios a pesar dos peches perimetrais por motivos de visita familiar.

En canto ás comidas a Consellería de Sanidade modificou o plan de nadal que rexerá os próximos días establecendo límites ao número de persoas que poden participar en reunións familiares se se xunta máis dunha unidade de convivencia. En concreto, este límite será, como establece o plan elaborado a nivel nacional, dun máximo de 10, incluídos nenos de 10 anos ou menos.
Con todo, a Xunta recomenda que as celebracións destas datas se fagan só na unidade familiar de convivencia, nese caso non hai límite de persoas.
Ademais, no caso de que se trate de máis de dúas unidades familiares, Sanidade mantén o límite de adultos en seis persoas. A maiores, establece que os nenos de idade igual ou inferior aos 10 anos, que no seu momento determinouse que non contarían para o cómputo, non poderán superar os catro, co que sumarían un máximo de 10 participantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.