Nace o Partido Galego con representación na xestora do Barbanza

12 Decembro 2020

En Melide foi presentado este sábado o novo Partido Galego, unha formación galeguista e con talante europeísta.

O Partido Galego conta cunha xunta xestora con representantes das comarcas de Xallas, Bergantiños, Barbanza, Compostela, Sar, Terra do Queixo(Arzúa-Melide), Lugo e Ourense.

Segundo indican desde o partido é “unha forza política situada no espazo do galeguismo, da moderación, e no equilibrio medioambiental. O seu espazo é o centro transversal con políticas con esencia galeguista e de potencialidade galega no mundo, do que forman parte persoas con ampla experiencia política”.
Entre os seus membros atópase con Xosé Mosquera, exmembro de Compromiso por Galicia e vinculado coas diferentes correntes galeguistas ao longo da historia.

Ademais de Mosquera atópase Xesús Ares, que estará á fronte da área de Coordinación do novo partido, que se ofrece como un proxecto transversal, galeguista e cunha visión europeísta e de converxencia.

O resto de integrantes da comisión permanente serán Maximino Vázquez (portavoz), Óscar Casais (organización), Montse Almozara (finanzas), Xabier Vázquez (municipal), José Antonio Díaz Rodríguez (empresas), Paula María Rey (autónomos), Anxo Franco ( emprego), Rubén Vilasenín (Medio ambiente), Cristina Barcia (comunicación) ou Xabier Pintos (medio rural).

Durante a presentación do proxecto, Mosquera incidiu na necesidade de impulsar un partido “en defensa” da sociedade e da lingua propia, que estea “convencido” de que se sitúa nun marco europeo e que debe “mirase á Eurorrexión”.

Por iso, este novo partido debe primar a “interlocución” e o diálogo para recibir os “impulsos que hai na sociedade” e construír este país “con todos”.

“Temos que estar atentos a eles, ser receptivos e ter unha capacidade de diálogo moi grande”, engadiu, pero sen caer en ‘ apriorismos’.

Acto de presentación do Partido Galego en Melide

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.