Mar aposta pola modalidade online nos seus novos cursos para mariñeiras/os

29 Decembro 2020

A Consellería do Mar convocou este 28 de decembro tres novos cursos de mariñeiro/a e pescador/a na modalidade online, que se poderán realizar do 22 de febreiro ó 9 de abril de 2021, cunha duración de 50 horas.

As actividades formativas estarán titorizadas por 1 escola das 3 pertencentes ao ensino náutico pesqueiro da Consellería, ben a Escola Oficial Náutico – Pesqueira de Ferrol, a Escola Oficial Náutico – Pesqueira de Ribeira ou o Instituto Politécnico Marítimo – Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

Cada curso contará con 60 prazas. As persoas que se queiran inscribirse poderán facelo a través da web da Consellería do Mar, dende mañá ás 08:00 horas ata o 22 de xaneiro ás 15:00 horas. Os admitidos publicaranse tamén na páxina web, en función do día e da data da prematrícula. Despois, as persoas seleccionadas deberán matricularse no centro de ensino correspondente e achegar a documentación necesaria (titulación de mariñeiro/a, pescador/a, patrón/a, etc).

Ao remate dos cursos de teleformación, realizarase un exame presencial en cada un dos centros da Consellería do Mar. Para acceder ó exame, os participantes terán que superar a proba de natación. De non ser así, non poderán facer o exame.

Outros artigos

Aguiño rende culto á navalla na súa décima festa gastronómica

A lonxa de Aguiño converteuse este domingo no epicentro gastronómico do Barbanza coa celebración da X Festa da Navalla. Centos de persoas achegáronse ata as inmediacións do recinto portuario para degustar un total de 600 quilogramos deste bivalvo, despachado á prancha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.