“Homenaxe”. Jacobo Otero Moraña

01 Decembro 2020

Entre a rapidez con que se suceden os acontecementos neste planeta noso e que un non sempre está dispoñible para redactar a crónica que a actualidade reclama, ás veces quédanlleme artigos no tinteiro. Pero bo ¡que lle imos a facer! Se fose reporteiro a tempo completo, normal que alguén se mosqueara comigo, aínda que xa sei que non é o caso.
Pois ben, estes días asistimos ao ocaso dunha desas figuras que a ninguén deixa indiferente. Ídolo para uns, monstro para outros. Que queren que lles diga! Para quen lles fala, a calidade balompédica de Diego Maradona está fóra de toda discusión. Xa no demais prefiro non entrar. Unha, porque non conduce a nada. E dous, porque non son de facer leña da árbore caída, da mesma maneira que tampouco me gusta caer no ridículo que observei esta mañá nun seareiro. Conste que dita actitude estrañoume, pois a pesar das discrepancias que ás veces manteño con esta persoa, ademais de aprecio, téñolle por home cabal. Pero vese que con certos temas, ata ao máis tépedo váiselle o “ perolo”, por iso é polo que fiel a unha máxima que lle escoitei a un tío, xamais mento nunha discusión temas como o fútbol, a política ou á nai do tertuliano. Por todo iso (que non é pouco), pasei de entrar ao trapo no debate.
Gardar silencio e apartarse non sempre é sinónimo de debilidade. Ao contrario. Evitas que siga subindo o mercurio.

Dito o cal, creo que no noso pobo temos a alguén máis digno de ser homenaxeado, tanto pola súa traxectoria futbolística como vital, e debido a que segue entre nós, con máis razón. De Ribeira saíron deportistas de renome, así como figuras que sen chegar a primeira liña, tamén fixeron os seus primeiros pasos sobre un rectángulo de xogo. Para algúns, sobre todo os máis novos, dis fútbol de Primeira e enseguida xorden nos seus beizos dous nomes: Fran e José Ramón. E ollo, nada que obxectar.
A calidade dos dous irmáns que triunfaron no Deportivo da Coruña cando este era o “ Súper Dépor”non serei eu quen a discuta. Agora ben, antes houbo outros. Tamén irmáns e cuxos nomes son igualmente lenda. Refírome aos Parada Alvite, máis coñecidos como Suco e Suco II. O maior chegou a militar nas filas do Barcelona. En canto ao pequeno, foi un verdadeiro trotamundos do fútbol galego. Luciu as elásticas do Racing de Ferrol, Turista, Celta de Vigo e Pontevedra, para acabar retirándose coas cores do noso Atlético de Ribeira.
Facer un resumo do seu palmarés deportivo levaría varias páxinas , pero quixese centrarme no aspecto humano. Ese que vai máis aló do ben que un dribla aos adversarios, corre a banda deixando atrás ao perseguidor,ou marca un gol decisivo. A final de contas, todo iso é efémero. Forma parte dun momento ou unhas circunstancias que de non existir cámara que o grave, dilúense coa mesma velocidade a que facía referencia ao comezar este artigo. Con todo, cando un é capaz de demostrar que no seu peito latexa un corazón de ouro, xamais se lle esquece. E ese é o caso de Don José Manuel Parada Alvite.
Máis coñecido como Suco II, ou simplemente Suco. Unha persoa á que non hai quen poida poñer un pero. Un home bo, amable,traballador e sobre todo humilde. Xamais se lle subiu o éxito á cabeza, e aínda que é certo que puido chegar aínda máis alto na súa carreira, xa fose fichando por clubs como Valencia ou Athletic de Bilbao, xamais lle escoitarás soltando fanfarronadas.
Eran outros tempos, si. Pero iso non quere dicir que entre os futbolistas da súa quinta todo fose limpo. Sempre houbo “juerguistas” e “playboys”, aínda que o noso protagonista non era deses. Felizmente casado. Pai de tres fillos e cun afillado ao que teño a sorte de contar entre os meus mellores amigos. Confesoume máis dunha vez que o seu padriño supón para el non só un referente, senón que estivo para todo, incluíndo as carencias que puidese ter a nivel afectivo.
Así que xa ven. Hai figuras de pompa ás que por máis diñeiro,fama ou títulos que logren, acaban sucumbindo #ante ese vórtice descontrolado que os devora. Logo están os verdadeiros xenios.
Aqueles que aínda tendo unha habilidade que lles fai destacar nesta ou utra faceta, levan no seu interior o verdadeiro don, que non é outro que o seu bonhomía. En Ribeira temos a un, e esperemos que sexa por moito tempo máis.

Outros artigos

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

+

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

+

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

+

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

Un menor debe ser entregado a su familia, lo contrario puede entenderse como secuestro, aunque sea un llamado secuestro involuntario, un estado no puede quedarse con un niño que pertenece a otro país debe ser devuelto y entregado a su familia, por otra parte no se...

“Nómades e emigrantes” – José Manuel Pena

“Nómades e emigrantes” – José Manuel Pena

Que está a acontecer coa falta de humanidade cara a moita xente que sae dos seus países en busca dun futuro mellor, lonxe da miseria económica e da falta de liberdade ou vivindo situacións de conflitos armados. Son persoas inocentes pero pobres, sen máis nada que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.