Galicia será belixerante para seguir defendendo os intereses da frota e recuperar os dereitos de pesca perdidos no acordo do Brexit

25 Decembro 2020

A falta de coñecer os termos concretos do acordo, a Xunta considérao sumamente negativo porque semella que se entregou de forma definitiva á frota británica o 25% das cotas de pesca europeas a cambio de cinco anos e medio de acceso ás augas do Reino Unido

O Goberno galego sinala que esta decisión é alarmante para a frota galega pois, os barcos perderán cotas importantes de pesca e posibilidades de intercambio que axudaban a facer rendibles as frotas e as lonxas, entre outros efecto

A Xunta tamén considera negativo que Reino Unido abandone a Política Pesqueira Común ao non ter que aplicar aspectos de difícil cumprimento e que este Estado propugnou como a normativa sobre a eliminación de descartes

A comunidade galega advertiu en numerosas ocasións do risco de que a pesca fose utilizada como moeda de cambio nas negociacións, a última o pasado sábado cando o presidente da Xunta trasladou por carta ao Goberno central a súa preocupación .

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...