Baixan os casos de pacientes ingresados por covid na área sanitaria de Santiago- Barbanza. Galicia rexistra un total de 6.948 casos activos por coronavirus.

05 Decembro 2020

Baixada de casos e de pacientes ingresados por covid na área sanitaria de Santiago e Barbanza. A cifra de persoas afectadas polo virus é de 807.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.948 deles 1.430 son da área da Coruña, 829 da de Lugo, 419 da de Ourense, 1.025 da de Pontevedra, 1.842 da área de Vigo, 807 da de Santiago, e 596 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 61 están en UCI, 337 en unidades de hospitalización e 6.550 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 45.712 persoas curadas, rexistrándose 1.246 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 927.833.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 TOTAL GALICIADENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS6.948          368 usuarios
         193   profesionais
FALECEMENTOS1.246         216   en residencias
306   en hospitais e residencias integradas

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOSTOTAL GALICIA
 NÚMERO DE POSITIVOS931
 AULAS PECHADAS47
 CENTROS PECHADOS4

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Outros artigos

A Deputación brinda o seu apoio á integración socio-laboral de Ambar

A Deputación da Coruña, a través das liñas de axudas dedicadas a entidades sociais da provincia, colabora coa asociación inclusiva Ambar, con sede principal en Ribeira, en distintos programas de integración social e laboral para persoas con diversidade funcional da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Hacienda, María JesúsMontero, ha justificado la intervención de Moncloa en el relevo del presidentede la empresa Telefónica, en que “tocaba el proceso de renovación” y por quées muy importante que España cuente con...

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

Una Goleta, con tres palos, Trinquete, Mayor y Mesana, cada palo aguanta su vela. Así funciona y así navega, un palo no aguanta la vela que no le corresponde, cada quien aguanta la suya. Así pues, no es eficaz, que una persona transporte los problemas de otra, podrás...