Galicia considera sumamente decepcionantes as cotas de pesca fixadas para o ano que vén

17 Decembro 2020

A comunidade galega ve cativos os avances obtidos en relación coa proposta inicial da Comisión Europea a pesar de tantas horas de negociación e tendo en conta tanto o contexto de pandemia actual como a incerteza derivada do brexit

A conselleira do Mar lamenta a falla de sensibilidade mostrada polo Executivo comunitario cara un sector que foi declarado esencial durante a alerta sanitaria polo coronavirus e que fixo un importante esforzo nos últimos anos para manter os caladoiros nos que faena en bo estado biolóxico.

O Goberno galego considera que Bruxelas actuou con demasiada rigorosidade ao establecer rebaixas para o linguado, a pescada sur ou a cigala e fixar un mínimo incremento para a anchoa no Cantábrico pese a que a especie se atopa na segunda maior cifra de abundancia da serie histórica

Outro asunto preocupante é o establecemento de medidas técnicas de protección do bacallau en Gran Sol, que fai prever o endurecemento da normativa para as artes empregadas polo arrastre galego a pesar de ser altamente selectivas.

Por este motivo, a delegación galega considera o acordo totalmente negativo para o Cantábrico-Noroeste e moi preocupante á espera do que ocorra en Gran Sol ante a negociación do brexit. Polo momento nestas augas, e para os tres primeiros meses de 2021, establécense unhas cotas estables e proporcionais ás fixadas para este ano.

Entre as únicas cuestións positivas que salientou a titular de Mar, e que aínda terán que plasmarse en feitos no futuro, está o compromiso de que o Consello Internacional para a Exploración do Mar (CIEM) avaliará aquelas especies que están en bo estado biolóxico de cara a flexibilizar os seus TAC e paliar a subutilización de cotas derivada da pandemia.

A este compromiso súmase o de avaliar de novo a cigala do Cantábrico para incluír os bos datos da campaña científica de 2020 no informe do CIEM de 2019, que prevía o peche da pesqueira durante tres anos. Neste sentido, Galicia defendía o establecemento dun TAC anual que permitise a apertura da pesqueira en condicións sostibles e acordes cunha análise rigorosa do estado do recurso como se fixo nos últimos anos para coñecer a súa evolución.

Ante este mal resultado, a conselleira do Mar ofreceu á frota pesqueira galega todo o seu apoio e compromiso de traballo co obxectivo de rearmarse e de demostrar ás autoridades europeas que o sector ten futuro. Neste sentido, animou a manter a liña de colaboración dos últimos anos para acadar bos resultados e garantir a sustentabilidade dos recursos pesqueiros e do propio sector. Un obxectivo no que, dixo, non escatimará esforzos tratando de facer ver ás institucións comunitarias que na xestión pesqueira é fundamental ter en conta tanto os aspectos medioambientais como os económicos e sociais.
 

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

En Noia, comezan as obras de reposición da Ponte de San Lázaro

O Concello de Noia confirmou que esta semana comezaron as obras de reposición da ponte peonil de San Lázaro, unha actuación "necesaria para recuperar un elemento que levaba anos cunha parte da madeira en mal estado", engadiron fontes do Consistorio. Os traballos están...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Torrent ensaya dos horas al día”. Mario Clavell

“La Torrent ensaya dos horas al día”. Mario Clavell

Montserrat Torrent ha recuperado desde compositores y partituras para órgano desde hace décadas, ha alentado restauración de instrumentos apolillados y su recuperación como instrumento popular. Ensaya dos horas al día. Música en Compostela ha homenajeado a la Torrent...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.