Última hora: Evacuado por unha indisposición o capitán do buque ruso Sevmorput. “Entre o domingo e o luns pasará por Fisterra o cargueiro nuclear”. Antón Luaces

16 Decembro 2020

Última hora: Evacuado por unha indisposición o capitán do buque ruso Sevmorput. A evacuación foi realizada por Salvamento Marítimo. O mando do buque pasa ao dispor do primeiro oficial do mesmo.

A últimas horas deste mércores, o cargueiro nuclear ruso Sevmorput superara o norte da illa canaria de Lanzarote no seu roteiro ao porto ruso de San Petersburgo. Navega a unha velocidade media de 10,5 nós, pouco máis da metade que lle permite o reactor nuclear KLT-40, de 135 MW, que lle propulsa a 20,8 nós. O buque é do tipo LASH portacontedores, aínda que nas súas seis adegas de carga pode transportar calquera tipo de mercadoría, entre esta gran, como fai habitualmente.
O Sevmorput regresa ao porto do que partira o pasado mes de outubro con carga xeral destinada na Antártida a unha base de investigación científica da mesma nacionalidade que a do cargueiro de 38.226 toneladas de rexistro bruto. Ademais da súa carga, o navío leva a bordo 98 tripulantes, e non consta que notificase a existencia de anormalidades ou incidente nuclear. Oficialmente o Sevmorput sufriu en augas angoleñas unha avaría que afectou a unha das pas da súa hélice. Mal que ben, tal avaría foi emendada por un equipo de especialistas desprazados de San Petersburgo á capital de Angola, Luanda. A “recuperación” da hélice non permite con todo que o buque navegue á súa velocidade de cruceiro. Todo fai pensar, segundo o testemuño recolleito a un veterano xefe de máquinas galego que algunhas aspas desa hélice (probablemente máis dunha)/dunha) áchase dobrado ao chocar cun contedor semihundido ou algún outro obxecto de duro material non detectado pola tripulación do cargueiro nuclear. Dobrada ou partida a ou as pas, é probable que a solución lograda polos especialistas non fose outra que a soldadura aplicada ás mesmas de anacos de bronce. Coa curvatura debida, esas pas soldadas permiten unha navegación ata certo punto normalizada, pero que non logra alcanzar a velocidade que o Sevmorput acreditou.
Sexa como for, este veterano xefe de máquinas, experimentado como tal en distintos buques nacionais e estranxeiros, considera que a citada avaría nas pas non implica máis perigo que a circunstancia xa apuntada dunha redución notable na velocidade de desprazamento do navío, que é o que ocorreu. En canto á utilización da enerxía nuclear como medio de propulsión, o citado xefe de máquinas -actualmente xubilado- considera que non presupón perigo en si mesmo. “Pola costa de Galicia -dixo- navegan moitos submarinos e portaavións nucleares rusos, ingleses, norteamericanos e franceses, e ninguén di nada”.
Con esa media de velocidade e se non ocorre ningún imprevisto, o cargueiro nuclear ruso alcanzará a posición de Fisterra entre o domingo e o luns próximos, para situarse no seu destino -San Petersburgo- o último día deste mes e ano: 31 de decembro de 2020.
​A Dirección Xeral da Mariña Mercante Española, dependente do Ministerio de Fomento, supervisa a navegación do Sevmorput, coa esperanza de que non sexa necesaria a súa intervención en ningún momento. Tampouco ninguén se manifestou ata o momento actual no sentido dunha hipotética petición de auxilio que, en todo caso, ninguén confirmou que se puidese prestar en España.

Outros artigos

A Xunta solta cinco píllaras na praia de Carnota

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada pola directora territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Mª Pilar Arias, participou este mércores 17 de xuño nunha nova solta de cinco píllaras na praia de Carnota, unha actuación que nas...

+

Natalia Botana Rey toma posesión como presidenta de Portos

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu na mañá deste 17 de xuño a toma de posesión de Natalia Botana Rey como presidenta de Portos de Galicia, posto no que releva a José Antonio Álvarez Vidal, recentemente nomeado presidente da Autoridade Portuaria de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...