A Consellería de Sanidade comunicou ao Concello de Boiro que este venres comezará a realizar un cribado entre os traballadores do sector da hostalería e de varias empresas do municipio. Serán citados a través dunha mensaxe de móbil no que lle indicarán a hora e o lugar no que se teñen que presentar para realizar a proba para detectar o virus.
O obxectivo é localizar posibles casos asintomáticos que poden estar a transmitir o virus sen sabelo debido a que na última semana disparouse o número de contaxios, que xa supera os sesenta.
Avanzan as obras da Casa da Cultura de Boiro coa montaxe da estrutura prefabricada que forma o auditorio
O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, xunto co concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz; e a concelleira de Cultura, María Outeiral, visitaron este mércores 14 de outubro a Casa da Cultura de Boiro para coñecer o estado de execución das obras de rehabilitación....



