En Boiro baixan os positivos pero a área sanitaria de Santiago- Barbanza sobe a 72 e a cifra de enfermos chega a 852

Galicia suma outros 300 positivos máis a pesar da mellora

Os últimos datos do SERGAS ofrece un descenso no concello de Boiro que pasou dos 24 casos do mércores aos 9 de hoxe. Segue sendo a localidade que máis crece, aínda que hoxe tamén hai subidas notorias, aínda que non alarmantes, en Santiago de Compostela.

Sen embargo en xeral a situación da COVID-19 empeza a cempeorar de novo na área sanitaria de Santiago- Barbanza, que por cuarto día volve a a aumentar nos casos positivos que soben ata as 852, 28 máis.

O incremento prodúcese polos 72 positivos descubertos na última xornada moi superior á medida anterior. A maior parte dos enfermos da Covid están en corentena nas súas vivendas medio centenar están hospitalizados e aumnetou o número de ingresados nas UCI, que pasou a 11, catro máis que onte.

En canto á vítimas chegan na área sanitaria a 174 o falecer onte unha muller de 94 anos que fora diagnosticada da Covid, tiña patoloxías previas.