Domingo pasado por auga con temperaturas en descenso. No mar aviso amarelo por ondas de ata cinco metros e forte vento


Este domingo, 20 de decembro, seguiremos baixo os efectos dunha borrasca situada no noroeste peninsualar, polo que teremos precipitacións que comezarán pola costa e serán xeneralizados pola tarde e a noite.
As temperaturas mínimas baixarán lixeiramente e as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Entre as sete cidades, a mínima será de 11 graos, mentres a máxima espérase que alcance os 15 graos na comarca.

Prognóstico domingo 29 de decembro

Segundo a información de Meteogalicia, o vento soprará forte de compoñente sur ao longo desta xornada de domingo en Galicia.

No mar Galicia estará este domingo en aviso amarelo no litoral por ondas de entre catro e cinco metros, así como fortes choivas e ventos nunha xornada de temporal.

Segundo a información de Meteogalicia, espéranse a partir das 18,00 horas na provincia da Coruña choivas con precipitacións superiores aos 40 litros por metro cadrados en 12 horas.

Ademais, prevense ventos de máis de 80 quilómetros por hora na Mariña lucense e no Noroeste da Coruña. Tamén haberá ventos de forza 7 no litoral coruñés e lucense.