As vítimas que deixa a pandemia do coronavirus en Galicia eleváronse a 1.246, tras notificar este venres a Consellería de Sanidade dez novas mortes de persoas con covid-19.
RExistrouse a morte dunha muller de 91 anos no Complexo Hospitalario Universitaro de Santiago (CHUS) e
Catro destes falecementos rexistráronse na residencia Asilo de Vilalba (Lugo) entre a segunda quincena de novembro e o que vai de decembro. Segundo indica a Xunta, non se comunicaron antes por un erro informático.
A maiores destas catro, Sanidade notificou este venres dúas mortes rexistradas no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Trátase dun home de 69 anos e unha muller de 93.
Tamén se comunicou a morte doutra muller de 94 no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol ( CHUF).
Ademais, perderon a vida unha muller de 74 anos e un home de 86 no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo ( CHUVI).
Conforme á información de Sanidade, todos eles presentaban patoloxías previas.