Chuvascos frecuentes na comarca e temperaturas sen cambios durante a fin de semana. Activada a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral

18 Decembro 2020


Galicia continuará este sábado baixo a influencia das borrascas atlánticas con ventos do suroeste, que deixarán ceos parcialmente cubertos.

Así, segundo información de Meteogalicia, ao longo do día as precipitacións chegarán a todo o territorio galego, pero serán máis frecuentes na metade oeste.

En canto ás temperaturas, non experimentarán cambios significativos, fóra de lixeiros descensos. Por cidades, os termómetros caerán ata os 8 graos en Lugo e Ourense, mentres que alcanzarán máximas de 15 na Coruña, Vigo e Pontevedra.

Prognóstico para o sábado 19 de decembro de 2020

O MAR

O sábado esperase vento do sur á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 6 a 7 á mañá, 7 a 8 á tarde e 2 a 4 á noite.

O estado do mar: media vaga á mañá, vaga á tarde e marusía á noite.

Visibilidade regular á mañá e mala á tarde e á noite.

Mar de fondo do oeste á mañá e á tarde e noroeste á noite, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá, 3 a 4 metros á tarde e 4 a 5 metros á noite.

Lembrar que está activada a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro dará comezo esta madrugada no litoral do noroeste, oeste e suroeste da provincia da Coruña e en toda a costa de Pontevedra por mar combinada do oeste a noroeste con ondas de ata 6 metros. Ademais, na Mariña lucense o nivel de alerta será amarelo, tamén por mar combinada do oeste a noroeste e con ondas de ata 5 metros.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastados da liña de costa, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos, e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Tamén se aconsella extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións.

Ademais, recoméndase consultar a páxina web do CIAE 112 (axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Outros artigos

Máis de 30 persoas participan nas xornadas do Premio Emprende-Co Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrou os días 1 e 9 de xuño dúas sesións informativas sobre o Premio Emprende-Co Pobra, unha iniciativa municipal de apoio ao emprendemento e á dinamización do comercio local impulsada pola área de Promoción Económica co respaldo da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...