Cáritas e o Concello de Ribeira organizan o concerto de nadal o 20 de decembro

11 Decembro 2020

Un dos eventos máis tradicionais na cidade ribeirense cando chega o Nadal é o festival solidario a beneficio de Cáritas que, aínda que non se vai celebrar no seu formato habitual, si vai ter lugar variando o seu
concepto para adaptalo as limitacións covid.
Así o anunciou a concelleira de Cultura María Sampedro durante a súa presentación, na que estivo acompañada do párroco de Santa Uxía, Alfonso Mera; da presidenta de Cáritas, Teresa Pérez, e da tamén integrante desta organización Loli Vidal.
Nesta ocasión, o evento, que terá lugar o domingo 20 de decembro ás 19 horas, consistirá nun recital do barítono Borja Quiza e o pianista Fernando Briones baixo o título “A Emigración Galega. Cancións de ida e volta”. Trátase dun concerto lírico para voz e piano que pretende facer un repaso polas cancións multiculturais que unen ao pobo galego co seu exilio americano en lugares como Cuba, Arxentina ou México, intercalando as cancións máis populares de ambas as ribeiras do Atlántico con explicacións das mesmas galando do seu significado ou dos compositores.

Sorteo de agasallos
A actividade estará organizada polo Concello en colaboración con
Cáritas Parroquial e ao seu remate terá lugar o tradicional sorteo de
agasallos doados polo comercio local. Para iso previamente Cáritas
está a vender rifas que serán as que darán a posibilidade de conseguir todos eses premios e agasallos, e todo o recadado destinarase aos fins sociais da entidade.
O aforo estará limitado a 60 persoas e as entradas –gratuítas– deberán recollerse na parroquia ata completar ese aforo de 60 persoas. Pensando en todos aqueles que non poidan acudir ao evento, emitirase en directo a través da internet pola canle de Youtube do Concello para que non se perdan detalle da actuación nin do sorteo por se resultan agraciados.
Tanto o párroco Alfonso Mera como as integrantes da organización
benéfica agradeceron a disposición do Concello a celebrar esta
actividade e que Cáritas siga presente na programación de Nadal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.