Boiro segue reducindo casos activos pero pídese á poboación que non baixe a garda

28 Decembro 2020

O Concello de Boiro celebrou este luns 28 de decembro unha nova sesión da Comisión de Seguimento da Evolución da COVID-19, que se realiza de xeito semanal para determinar a evolución da pandemia no municipio, servindo entre outras cousas para actualizar as cifras de novos positivos e casos activos. Segundo confirmaron os participantes na sesión deste luns 28, atópanse en descenso tanto os novos positivos como os casos activos, pero “é preciso que diminúan máis para que a situación no municipio se estabilice e poder saír do nivel de restricións no que se atopa o concello”.

Dúas denuncias máis

Co fin de facer avanzar esta redución, a comisión sinalou que se seguen a intensificar os controis anti-COVID no termo municipal. Esta fin de semana, sen ir máis lonxe, producíronse dúas denuncias polo incumprimento das restricións decretadas polas autoridades sanitarias: unha delas por non respectar a hora de peche e a outra por non atender a disposición de agrupacións máximas de catro persoas. En total, dende que o municipio entrou no nivel máximo de restricións, a Policía Local de Boiro efectuou 35 denuncias e realizou tamén diversas intervencións.

Actividades culturais e deportivas aprazadas

A comisión lembrou que as actividades culturais e deportivas seguen aprazadas “até novo aviso” e as pistas e instalacións deportivas municipais, así como os parques infantís, continúan pechadas. O mercado municipal dos martes non se vai celebrar tampouco esta semana e seguirá suspendido ata que a situación epidemiolóxica na que se atopa o municipio mellore.

Os operarios municipais de Protección Civil continúan coas tarefas de limpeza e desinfección dos lugares e rúas máis concorridas e mobiliario urbano, así como con labores de asistencia a persoas con positivo ou illadas que o precisan.

O Concello de Boiro lembra “a importancia da responsabilidade individual para reducir as posibilidades de contaxio, sobre todo nestas datas”. E engade: “É importante que se sigan todas as medidas de hixiene e protección, ademais de evitar as aglomeracións para reducir as posibilidades de contaxio”. Dende o Concello de Boiro recomendase tamén “priorizar os trámites telefónicos ou telemáticos sempre que se poida para evitar acudir presencialmente ás instalacións municipais”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.