Boiro quintuplica a incidencia da COVID-19 en Galicia que rexistra un total de 5.927 casos activos

09 Decembro 2020

No últimos tres días o cómputo de positivos en dúas semanas en Boiro aumentou en 53, máis dun 50%. Iso disparou a incidencia acumulada de Boiro a máis de 800 positivos por 100.000 habitantes en dúas semanas. É case cinco veces máis que a galega.

O cribado realizado pola Xunta atopou 30 positivos grazas no concello boirense. Na última xornada os positivos en 14 días pasaron de 135 onte a 154 hoxe. É dicir, 19 positivos máis nun só día.

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.927 deles 1.193 son da área da Coruña, 606 da de Lugo, 377 da de Ourense, 871 da de Pontevedra, 1.499 da área de Vigo, 785 da de Santiago, e 596 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 51 están en UCI, 324 en unidades de hospitalización e 5.552 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 47.872 persoas curadas, rexistrándose 1.281 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 952.173.


Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.