Boiro pecha parques infantís e instalacións deportivas

03 Decembro 2020

O Concello de Boiro, ante o aumento de casos de contaxio de COVID-19 dos últimos días, decidiu tomar unha serie de medidas de prevención para o control da situación epidemiolóxica a nivel local, medidas entre as que se contan o peche dos parques infantís e das instalacións deportivas, así como a suspensión temporal de actividades deportivas e culturais.

O Concello explica, sobre os porqués destas disposicións, que “nos últimos días aumentaron de xeito significativo o número de contaxios no municipio, polo que Boiro se atopa con vixilancia especial por parte das autoridades sanitarias”. O Goberno local tamén fixo saber que aumentará a vixilancia e o control da poboación nas rúas, para evitar aglomeracións e controlar que se cumpran todas as medidas de seguridade e hixiene como o uso de máscara obrigatorio e o mantemento da distancia de seguridade. A Administración local vén de solicitar a colaboración da Subdelegación do Goberno e a Policía Autonómica para o control da poboación.

“Preocúpanos a mobilidade no mes de decembro e, en especial nesta ponte, polo que pedimos a veciñanza que non realice desprazamentos innecesarios”, afirma o alcalde. Ante o aumento de casos, solicitouse tamén a Consellaría de Sanidade un cribado masivo de probas PCR para detectar posíbeis casos sintomáticos.

Dende o Concello de Boiro rógase a toda a veciñanza que cumpra de xeito estrito coas medidas de seguridade e prevención para o control da pandemia. Lembrase que e obrigatorio o uso de mascara, que se deben respectar os grupos máximos de 6 persoas para xuntanzas e manter as distancias de seguridade e evitar aglomeracións.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.