Persoal de enfermaría do Servizo de Medicina Preventiva da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza desenvolverá diversos cribados no Concello de Boiro nos que se citarán a unhas tres mil cincocentas persoas.
Desenvolveranse desde hoxe venres ata o domingo en diferentes puntos, como o centro de Saúde de Boiro ou o no Hospital da Barbanza. Achegarase tamén un equipo para realizar un cribado empresarial para facilitar a accesibilidade en grandes colectivos, como ven sendo habitual cando é posible.
Ademais realizarase un cribado entre profesionais do sector da hostelería e tamén se citará á poboación de entre 35 e 44 anos con Tarxeta Sanitaria neste concello.
Estes cribados veñen sumarse a outros máis selectivos xa realizados en días anteriores neste concello e buscan detectar persoas infectadas con COVID asintomáticos. Nos últimos días incrementáronse sustancialmente os casos positivos vinculados con este concello, que desde mañá verá limitada a súa mobilidade cos municipios limítrofes, e non se podía garantir o seguimento completo da cadea epidemiolóxica de contaxio.
En función do resultado destes cribados poderán seguir adoptándose novas medidas.
A poboación será citada a través dun SMS no que figurará a hora e a dirección á que deben acudir, así como un Código QR para a súa identificación persoal. A toma de mostras será nasofaríngea para realizar PCR, que será analizada pola técnica pooling.
Arrinca en Betanzos a xira coruñesa das unidades móbiles de expedición do DNI e Pasaporte (que recalará en Muros, Noia, Padrón, Boiro, Porto do Son e Rianxo)
A subdelegada do Gobierno na Coruña, María Rivas, presenciou este martes 15 de abril o inicio da xira coruñesa das tres unidades móbiles de expedición do DNI e o Pasaporte que o Goberno destinou á provincia. Trátase dos novos Vehículos Integrais de Documentación...