O Concello de Boiro celebrou esta mañá unha nova Comisión de
Seguimento da Evolución da Covid-19 para determinar medidas relativas á
evolución da pandemia no municipio. A comisión reúnese de xeito semanal
todos os luns e de xeito ininterrompido dende o inicio da pandemia. Forman parte da Comisión o alcalde e outros concelleiros do goberno, a coordinadora de Servicios Sociais, o coordinador de Protección Civil e o oficial- xefe da Policía Local.
Dende o inicio da pandemia o Concello de Boiro traballa por evitar a
propagación do virus e reducir a súa incidencia con desinfeccións diarias nos núcleos máis concorridos, como son rúas nas que hai supermercados,
farmacias, etc. Tamén se realizan desinfeccións diarias nos perímetros dos
centros educativos e mobiliario urbano como bancos ou marquesiñas. “Nunca deixamos de facer as tarefas de limpeza e desinfección dende o inicio da pandemia, unha tarefa para a que solicitamos a colaboración do exército”, recoñece o alcalde.
As forzas e corpos de seguridade tamén intensifican as medidas de
control para que se cumpran as restricións. Durante a fin de semana
realizáronse controis nas terrazas e rúas con maior afluencia de xente para
evitar aglomeracións. A Policía Local de Boiro realizou esta fin de semana tres denuncias por incumprir as restricións ditadas polas autoridades sanitarias.
Dúas delas foron por incumprir o toque de queda e outra mais por
desprazamentos dende fora do municipio. Dende o final do Estado de Alarma, cando o Concello asumiu de novo as competencias en materia de sancións,
lévanse tramitadas arredor de 100 de por incumprimento das medidas como o uso indebido de máscara ou o incumprimento do toque de queda, realizadas tanto pola Policía Local como polas demais forzas e corpos de seguridade.
Tanto a Policía Local como a Garda Civil seguiran facendo controis
esporádicos de entrada e saída do municipio para evitar os desprazamentos e entradas e saídas do termo municipal. “Dende o Concello de Boiro estamos a disposición das demais administracións para traballar en conxunto e reducir o numero de contaxios e a incidencia do virus no municipio. Realizamos xa unha solicitude á Policía Autonómica para contar coa súa colaboración á hora de controlar as limitacións” afirma o alcalde.
O Concello de Boiro non dispón de datos oficiais sobre novos positivos e
positivos activos, unha solicitude feita á Consellería de Sanidade que non
obtivo resposta. “Necesitamos información de datos actualizados porque sen eles pouco podemos facer para previr focos de contaxio”, lamenta o alcalde.
Durante a fin de semana realizouse un cribado masivo en Boiro a
traballadores da industria, persoal do sector hostaleiro e poboación xeral de 35 a 44 anos. O obxectivo deste cribado é detectar posibles casos asintomáticos e frear a propagación do virus. “A resposta foi moi positiva, un 80% das persoas citadas asistiron á realización da PCR e agora estamos agardando polos resultados”, afirma José Ramón Romero.
Elefante Elegante achéganos á realidade das persoas que sofren demencia coa función familiar Kyoki (este venres en Boiro)
A Casa da Cultura de Boiro vai albergar este venres un novo espectáculo para a rapazada: Kyoki, unha representación teatral de Elefante Elegante con María Torres e Gonçalo Guerreiro para público infantil e familiar. A cita será ás 20.00 horas este 20 de setembro. As...