Aumentan os casos da COVID–19 en Barbanza nos últimos 14 días. Varios concellos superan a Ribeira en incidencia acumulada

01 Decembro 2020

O Concello de Ribeira alcanza o maior número de infectados en 14 días, con 59 positivos. Sen embargo, hai varios concellos da comarca que teñen unha incidencia acumulada de casos superior a esta localidade. Un exemplo é Boiro, que rexistra unha incendia acumulada de 276 casos por 100.000 habitantes nos últimos días. A súa altura sitúase Porto do Son con 294, aínda que non se rexistraron positivos dende onte. Mentres, os positivos no Concello da Pobra aumentan (2 máis), así como en Rianxo (1 novo caso).
En xeral, no conxunto da área sanitaria de Santiago – Barbanza pódese ver un retroceso da pandemia, xa que os casos activos baixan (845,15 menos que a xornada anterior) e contabilízanse 51 altas. No obstante, os pacientes hospitalizados aumentan estes últimos días. Agora mesmo hai 32 enfermos, 1 máis que onte.

En Galicia as vítimas que deixa a pandemia do coronavirus eleváronse a 1.221, tras falecer nas últimas horas outras dez persoas diagnosticadas con covid-19, dúas deles procedentes de residencias de maiores e un mozo de 28 anos usuario un centro de discapacidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.