As conserveiras desenvolven unha guía da pegada do carbono

19 Decembro 2020


A Axenda 2030 e os Obxectivos de desenvolvemento sostible puxeron de manifesto a necesidade de ferramentas adecuadas para avaliar as consecuencias ambientais, económicas e sociais das nosas decisións. Nesa liña inscríbese o pensamento de ciclo de vida e o cálculo da pegada de carbono, cuxa metodoloxía se describe nunha Guía para o cálculo, certificación e comunicación da pegada de carbono no sector conserveiro galego, que ANFACO- CECOPESCA presentou no día de hoxe.

“Esta Guía elaborouse como un documento de referencia necesario para acompañar ás empresas nos retos de futuro marcados na Axenda 2030”, resaltou Juan M. Vieites, Secretario Xeral de ANFACO- CECOPESCA, na apertura da xornada de presentación, explicando tamén que esta publicación está destinada a reforzar os procesos de comunicación interna das empresas conserveiras, incorporando o cálculo da pegada de carbono aos programas de xestión ambiental, e á toma de decisións en calquera dos ámbitos susceptibles de presentar un impacto medible na pegada ambiental.
Desenvolvida por ANFACO- CECOPESCA co soporte científico-técnico da Dra. Almudena Hospido Quintana, integrante do grupo de biotecnoloxía ambiental do Instituto CRETUS e profesora da USC, a elaboración desta
Guía enmárcase dentro do Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e ANFACO- CECOPESCA para a promoción e a mellora da comercialización das conservas de peixe e marisco
no ano 2020.
Para a Dra. Hospido, a guía achega ao sector conserveiro galego, dunha maneira sinxela, pero rigorosa, ao cálculo da pegada de carbono. Na súa presentación, instou ás empresas a que hoxe mesmo empecen a exporse
cales son as motivacións polas que unha organización dá un paso á fronte e decide calcular a pegada de carbono dos seus produtos.
A xornada foi clausurada por Rosa Quintana, Conselleira do Mar da Xunta de Galicia. Para a Conselleria os retos fixados na Axenda 2030 son retos globais irrenunciables para asegurar a competitividade do sector mar-
industria. Co apoio a iniciativas como Pesca Verde e á guía que hoxe se presenta, afiánzase un Pacto Social para avanzar na sustentabilidade. ANFACO- CECOPESCA, de novo con esta esta publicación reafirma o seu liderado na transferencia do coñecemento científico ao tecido empresarial e contribúe co resto de accións do Convenio de colaboración á fortaleza do sector conserveiro galego.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...