Desde as cero horas do xoves Ribeira e Santiago quedaron pechadas perimetralmente. Boiro segue tamén pechado

16 Decembro 2020

O comité clínico dá Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución dá covid-19 en Galicia acordo que os concellos de Ribeira, Bueu, e Baiona, pasen ao nivel máximo de restricións. En consecuencia os concellos pasarán tamén a ter limitacións de mobilidade. Ademais, a hostalería deberá pechar ás 17 horas, a ocupación máxima das terrazas será o 50 % e só poderase reunir un máximo de 4 persoas non conviventes. A localidade ribeirense ten unha incidencia acumulada de preto de 290 casos por cen mil habitantes. Deste xeito Ribeira únese a Boiro e os dous concellos quedan pechados perimetralmente.

Igualmente, o comité clínico acordou que o concello de Santiago pasa a nivel medio e queda pechado perimetralmente. As medidas entran en vigor ás cero horas do xoves.

Sanidade lembra a obrigatoriedade de cumprir todas as medidas establecidas pola Xunta Galicia, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica na comunidade e así poder ir diminuíndo as restricións vixentes. Sinalar que este mércores, a Consellería de Sanidade informará do plan de nadal para Galicia.

Comité de Sanidade

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desenvolvemento social” – José Manuel Pena

“Desenvolvemento social” – José Manuel Pena

Hai décadas en que se celebrou o Cumio Mundial de Copenhague sobre o DESENVOLVEMENTO SOCIAL, definíndose que para ser tal “ten que ter ao ser humano como obxectivo principal" e "que para que isto sexa unha realidade é conveniente a participación activa dos individuos...

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

O chipriota Costas Kadis, de 57 anos, será -se así o decide o Colexio de Comisarios- o próximo Comisario de Pesca e Océanos da Comisión Europea- A proposta de nomeamento parte da presidenta deste organismo da UE, Ursula von der Leyen, quen confía en que o político...