AMBAR presentou o seu calendario solidario 2021

O Museo Valle Inclán da Pobra do Caramiñal, acolleu esta mañá a presentación da VII Edición do Calendario Solidario de Ambar. Un proxecto que comezou a súa andaina no ano 2015, e que promove o cine con valores sociais e o empoderamento das persoas con diversidade funcional a través da expresión artística.

O acto, que se pode ver na rede, foi presidido por Milagros Rey, presidenta da Asociación Ambar, Zeltia Iglesias, integradora social de Ambar e responsable do proxecto, e Victor Manuel Martínez (Pichero Estudio Fotográfico) fotógrafo do calendario, galardoado co premio Quixote de Toledo en 2019.
A presentación comezou coa visualización do Making of do proceso de traballo da sesión fotográfica, e seguiulle un vídeo cedido por Pichero Martínez onde aparecen os actores e directores das películas que escenificamos no calendario: Carlos Marqués-Marcet (Los días
que vendrán), Daniel Sánchez Arévalo (‘Diecisiete’), Óliver Laxe (‘O que arde’), Pedro Alonso (‘El silencio del Pantano’) e Javier Rey (‘El verano que vivimos’’Orígenes secretos’),todo eles fixeron chegar o seu agradecemento, recoñecendo a orixinalidade e valor do proxecto.
Este ano por mor da Covid as persoas protagonistas do calendario non puideron asistir físicamente á presentación. Pero si que o fixeron telemáticamenteo seguindo o vídeo en streaming que a entidade publicou dende a súa conta de Facebook. Pichero Martínez, Zeltia Iglesias e Milagros Rey tamén lle quixeron facer chegar unhas palabras: “Ante todo grazas a Ambar por pensar que as miñas locuras se poden levar a cabo, cada ano
buscamos que sexa máis difícil “ Pichero Martínez “Este proxecto é para cada unha das persoas que saen no calendario, tanto este ano como
anteriores, sen eles non sería posible (…). Tamén estou representando a un equipo moi grande de profesionais aos que dende aquí lles dou as grazas. Moitas grazas tamén á entidade por crer nos proxectos artísticos innovadores.” Zeltia Iglesias “Grazas a todas as persoas que fixeron posible o calendario, ás persoas usuarias de Ambar, as súas familias, ó equipo de profesionais a Pichero e Paula (Pichero Estudio Fotográfico).
Ademais de a Mobalco, Serdeco, A Poutada, Río Blanco, Coyomar, Fripusa, Shell.” Milagros Rey, presidenta de Ambar.