Abren as novas dependencias de Servizos Sociais no Consistorio do Son

16 Decembro 2020

O Concello de Porto do Son vén de informar da apertura das novas dependencias dos Servizos Sociais e Orientación Laboral, emprazadas no Consistorio, tras unha reforma integral do segundo andar do dito inmóbel.

Con este proxecto de posta a punto, informa o Concello, logrouse “crear un espazo moito máis cálido e integrador, contando con cinco novos despachos, unha sala de reunións e aseos adaptados”. O obxectivo das obras, que tiveron unha contía de 60.000 euros, foi “mellorar de xeito substancial o servizo ofrecido aos usuarios da área de Servizos Sociais e Emprego”, explicaron fontes do Goberno local, lembrando que neste mesmo espazo tiñan a súa sede de operacións até datas recentes os axentes da Garda Civil.

O obxectivo do Goberno local é estender as obras de remodelación ao primeiro andar do edificio, en datas vindeiras, co fin de dar acubillo a unhas novas oficinas de atención e servizo para a veciñanza.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.