Galicia solicita ao Estado que defenda ante Bruxelas os intereses da frota no Brexit

20 Decembro 2020


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, remitiu unha carta ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, e á de Exteriores, Arancha González Laya, na que lles traslada a “preocupación” do Goberno galego ante a deríva das negociacións entre a Comisión Europea e o Reino Unido no contexto pesqueiro do ‘Brexit’.

Segundo informa o Executivo galego a través dun comunicado, Galicia defende que “se siga coa liña marcada inicialmente” nas negociacións, de modo que a pesca “non sexa usada como moeda de cambio” para chegar a un acordo.

Segundo lamenta a Xunta, a última proposta de acordo parece “romper” con eses preceptos, o cal “afectaría á frota galega” do Gran Sol –composta por uns 80 barcos–, a de maior facturación xera en canto á pesca fresca en Galicia. A este impacto habería que sumar, engade a Xunta, o que tería sobre a frota de capital galego que desenvolve a súa actividade en augas das Illas Malvinas. Ante este panorama, Feijóo solicitou na súa carta que se manteñan “as liñas vermellas” establecidas previamente e di “subscribir” as demandas do sector a nivel europeo cando sinala que a pesca é “unha parte integral” das relacións entre a UE e o Reino Unido, polo que debe ser tamén “parte integral do futuro acordo” do Brexit.

O Goberno galego aposta por un acordo que permita manter “o statu quo” mediante o acceso da frota dos Estados membros ás augas británicas a cambio da entrada de produtos pesqueiros do Reino Unido ao mercado comunitario sen aranceis. “Trátase da proposta que a Comunidade defendeu desde o principio e que beneficiaría ás dúas partes”, afirma a Xunta.

A Xunta advirte que será “belixerante” e opoñerase “firmemente” con “todos os medios ao seu alcance” #ante un acordo que poña “en risco” a actividade da súa frota, que saíu xa “moi prejudicada” no proceso de axuste para a entrada de España na entón Comunidade Económica Europea.

Outros artigos

Este venres entrégase en Rianxo o Premio Muller Salgada 2024

Mulleres Salgadas entregará o vindeiro venres día 28 de xuño o seu Premio Muller Salgada 2024. O acto, que conta coa colaboración do Concello de Rianxo, terá lugar ás 18.30 no Auditorio de Rianxo (A Coruña). A orixe do galardón A cultura do esforzo xeneroso,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Confianza” – José Antonio Constenla

“La Confianza” – José Antonio Constenla

En la actualidad atravesando una crisis de confianza, con mil explicaciones, pero ninguna sencilla ni clara, que dificulta la comprensión del mundo en el que vivimos. Un efecto de estos es que los discursos no sintonizan con la realidad en la que estamos inmersos....