A Xunta amplía o programa de formación para mellorar a adaptación do turismo á nova realidade

17 Decembro 2020

Co fin de paliar as graves consecuencias que está a ter a COVID-19 no tecido hoteleiro e hostaleiro e contribuír á súa adaptación plena ao novo contexto, a Xunta, a través de Turismo de Galicia e do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), puxo en marcha o Plan de Formación para a reactivación do sector turístico. Este programa desenvolverase a través de diferentes cursos, webinars e obradoiros online destinados ao conxunto do sector.

O plan inclúe distintas accións, todas elas de balde para os profesionais, con programas de idiomas, finanzas, reconversión e adaptación das empresas turísticas, de transformación dixital, anfitrións, actualidade e aula aberta. A través deles búscase “mellorar as capacidades dos traballadores do sector, ao tempo que se lle oferta aos empresarios turísticos dotalos de ferramentas que lles permitan revisar e adaptar os seus modelos de negocio para afrontar a nova realidade turística xurdida trala chegada da COVID-19”.

Este plan de formación arrancou con dous cursos de inglés dos que se beneficiou un cento de profesionais. Ademais, realizouse a inscrición dos primeiros obradoiros do Programa de reconversión e adaptación das empresas turísticas: un sobre o Modelo de Negocio nas empresas turísticas e hostaleiras e outro do Mapa de Procesos nas empresas turísticas e hostaleiras.

O Plan de formación para o sector turístico inclúe catro programas relacionados coa aprendizaxe e mellora das habilidades en materia de idiomas, finanzas, reconversión e adaptación empresarial, e transformación dixital.

A través destas formacións, que son impartidas por expertos nas diferentes materias, os profesionais turísticos poderán resolver dúbidas ante a nova situación provocada pola pandemia, ampliar os seus coñecementos de ferramentas estratéxicas ou reorientar o seu negocio cara ás necesidades do cliente, ademais de reducir erros de estratexia e custos no proceso, así como outras cuestións relativas a loxística, operacións, mercadotecnia e vendas.

Máis de dous mil certificacións

Con este novo plan, a Xunta continúa avanzando no proceso de formación do sector turístico galego, unha aposta que desde o comezo da pandemia veuse fortalecida pola posta en marcha de múltiples accións de formación co obxectivo de dar resposta á nova realidade. Ata a data de hoxe, un total de 2.289 profesionais certificáronse nos Manuais de Turismo de Galicia e máis de catro mil son usuarias da Plataforma de Formación Continua de Turismo de Galicia dende que se puxo en funcionamento o pasado mes de xuño.

Por outra banda, desde a declaración do Estado de Alarma celebráronse un total de 22 webinars e dúas mesas de debate, nos que participaron un total de 3.400 participantes e impartíronse máis de 6.500 horas de formación certificadas. No ámbito da formación en idiomas, á que agora se lle dá continuidade, participaron un cento de persoas ás que se lles impartiu 2.000 horas de formación certificadas.

Máis información en: https://www.turismo.gal/formacion.

Outros artigos

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

+

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.