Os visitantes das praias poden contribuír cos seus móbiles ao estudo da súa dinámica

11 Decembro 2020

A Universidade de Vigo participa nunha iniciativa internacional para facer seguimento das praias a través das imaxes que os visitantes aos areais fan cos seus teléfonos móbiles. O obxectivo é avaliar os cambios no tempo da liña costa, en definitiva a dinámica litoral. O proxecto CostSnap implica comunidades investigadoras de 16 países e na nosa terra está xa implantado en Rodas, nas illas Cíes; Agrelo, en Bueu; A Lanzada, en O Grove e Area Maior, en Muros.

A iniciativa, que xurdiu en Australia en 2017, está a ser coordinada en Galicia pola investigadora do grupo de Oceanografía Xeolóxica e Bioxeoquímica (XM1, CIM-UVigo) Rita González Villanueva, que explica que “facer monitoraxe das nosas costas e, sobre todo, da erosión das praias é crucial para formular estratexias que poidan facer a costa máis resistente, pero require moito traballo”. Por isto con esta iniciativa recórrese á colaboración cidadá no proceso de toma de datos mentres gozan dun paseo ou dun día na praia. O único que teñen que facer é achegarse aos puntos de control instalados nos catro citados areais galegos e sacar unha foto co teléfono móbil, para despois subila á redes sociais do proxecto ou enviala aos investigadores. Ata o momento xa contan con 1.582 imaxes, das que 730 se corresponden ás bases da praia de Rodas, 658 a Agrelo, 127 a Lanzada e 70 a Area Maior.

CostSnap recorre á cidadanía porque a monitoraxe a longo prazo require de datos durante moito tempo e adoita ser “difícil de completar sen un equipo de persoas que poidan repetir os estudos nestas áreas con regularidade, rexistrando grandes cantidades de información como pode ser a forma dunha praia, a posición da liña de costa, ancho do areal… etc”. É aquí onde a cidadanía pode axudar, recalca González Villanueva, “actuando como científicos e colaborando achegando o seu gran de área”.

Entre as análises xa realizadas, por exemplo, explica Rita González Villanueva, que empregaron as imaxes recibidas para calcular como se foi recuperando a praia de Rodas despois dos temporais do inverno de 2018. Os investigadores detectaron un aumento do ancho do areeiro con máximos de ata 40m. No caso da praia de Agrelo, en Bueu, tras os temporais do inverno, ao longo do verán de 2019 analizáronse as imaxes coas mesmas alturas de marea, podendo obter as liñas de costa e calcular o ancho de praia para ver así como foi mudando no tempo. Así, despois do inverno a praia de Agrelo foise recuperando, cunha taxa de crecemento media de 0.18 metros por semana.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.