A USC, o Museo de Artes e o Concello de Ribeira organizan a mostra Á procura da luz de Yolanda Carbajales

11 Decembro 2020

A Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital e o Concello de Ribeira, vai organizar os días vindeiros a exposición Á procura da luz, da artista Yolanda Carbajales. A mostra poderá verse entre o 23 de decembro de 2020 e o 20 de febreiro de 2021. Estará emprazada no Salón Nobre do Pazo de Fonseca (USC). A inauguración celebrarase o mércores 23 ás 20.00 horas.

Yolanda Carbajales é unha artista viguesa de adopción, nada en Venezuela, que ofrece en Á procura da luz unha engaiolante viaxe ás técnicas do gravado (gravado á maneira negra e ao fume) que foron inventadas no século XVII polo alemán Von Siegen e que destacan por brindar transicións de claroscuros con delicadeza e precisión fotográfica en branco e negro. Son técnicas moi empregadas no retrato ao óleo e a copia de pinturas ata o s. XIX.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.