A axenda boirense de Nadal pon o punto de mira na cultura e no comercio local

02 Decembro 2020

As Concellarías de Cultura e Comercio de Boiro avanzaron este mércores 2 de decembro unha manchea de detalles sobre a programación de Nadal das semanas vindeiras, unha axenda de actividades e propostas centradas (principalmente) na cultura, no lecer da rapazada e, tamén, na reivindicación do comercio local. O programa foi dado a coñecer pola edil de Cultura, María Outeiral, e o responsábel de Comercio, Marcos Fajardo, xunto con Daniel García, presidente da Asociación Boirense de Empresarios (ABE), e os técnicos e técnicas dos ditos departamentos. Entre o completo feixe de propostas salienta unha iniciativa de Escape Room polos comercios do municipio.

Quen queira participar poderá facelo botando man dunha aplicación móbil e desprazándose polo polos establecementos de Boiro na procura de pistas nos escaparates e resolvendo preguntas de interese cultural para poder avanzar no xogo.

Os concelleiros explicaron que xa hai mais de 20 comercios inscritos para ter presenza activa na actividade de Escape Room, e lembraron que “todos aqueles que queiran participar poden facelo poñéndose en contacto do departamento de Cultura”.

Amais, a Asociación Boirense de Empresarios organiza nestas datas unha campaña de promoción empresarial coa entrega de rascas con 3.200 premios directos (paraugas, cuncas, bolsas…) que a cidadanía obterá facendo as compras nos comercios asociados e que concluirá co sorteo final do Sueldazo ABE de 300 euros durante 6 meses. A entidade impulsou tamén para as vindeiras datas festivas o Bono Regalo ABE, unha caixa-agasallo que se pode mercar co importe que se desexe para utilizar en preto de 200 establecementos de Boiro.

O concelleiro de Comercio, Marcos Fajardo, quixo destacar a importancia que as pequenas empresas e o comercio local teñen no desenvolvemento económico de Boiro: “Dende o Concello apostamos sempre pola promoción do comercio local e este Nadal, mais que nunca, quixemos crear sinerxías entre cultura e comercio e organizar actividades conxuntas para darlles apoio”, afirmou o concelleiro.

A Carpa dos Soños como eixe das actividades

O programa de actividades culturais está centralizado na Carpa dos Soños que, como o ano pasado, estará situada na praza de Galicia. Entre as actividades destacan os espectáculos pensados para os mais cativos.

O martes 22 de decembro, as 19.00 horas, estará A Apalpadora de Iseo A Moura, o mércores 23 o Mago Teto con Pequenas grandes maxias en dúas funcións, as 18.00 e as 19.30 horas. O espectáculo de clown Circanelo será o domingo 27 as 18.30 horas e o luns 28 Un mundo mellor un contacontos de Raquel Queizás as 18.00 e as 19.30 horas.

O mércores 30 Oholimpiadas de Sincronacidas as 19.00 horas, o domingo dia 3 de xaneiro Extra de Paco Nogueiras, as 18.00 e as 19.30 horas e o luns dia 4, as 19.00 horas, Hell Brothers de Cirkompacto.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, fixo un chamamento a toda a veciñanza para apelar “a responsabilidade individual de cada cidadán e cumprir coas medidas de seguridade en todas as actividades”. E engadiu: “A cidadanía tivo un comportamento exemplar durante o verán e o outono e queremos que así siga sendo durante o Nadal”. Tamén advertiu que as actividades programadas poden sufrir cancelacións ou modificacións a expensas da situación epidemiolóxica.

Ademais dos espectáculos para as cativas e cativos, a programación inclúe tamén actuacións con grupos locais, concertos e alboradas coincidindo coas festas de inverno, organizadas xunto coa Comisión de Festas de Santa Baia, e que se van celebrar entre o 10 e o 14 de decembro. Este ano vaise montar tamén o mercado de Nadal Factoría das Raíñas, que muda de localización e vaise instalar na Carpa dos Soños.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Los ministros del Gobierno no se entienden”. Arturo Maneiro

“Los ministros del Gobierno no se entienden”. Arturo Maneiro

En los últimos días, el Gobierno de coalición del PSOE y Sumar está pasando por su peor momento de desacuerdos y discrepancias legislativas que no parece que vayan a tener fin en el corto plazo. Es más, parecer un mal progresista y progresivo.La falta de acuerdos en...

“Un poeta llamado Sémper”. Xosé Antonio Perozo

“Un poeta llamado Sémper”. Xosé Antonio Perozo

El mimetismo positivo del correligionario con el líder es un fenómeno en desaparición. Puede ser debido a dos circunstancias. Una, la falta de carisma de la mayoría de los dirigentes políticos de nuestros días. Dos, la proliferación y diversificación de sus presencias...