A Policía Autonómica realiza máis de 200 inspeccións na ponte para controlar as medidas da COVID-19 entre elas en Boiro

09 Decembro 2020

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta ponte do 4 aos 12 de decembro 53 dispositivos na provincia da Coruña no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do
cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 216 inspeccións en trece concellos da provincia na pasada ponte festiva, que deron como resultado a identificación de 189 persoas e a tramitación de 48 actas de infracción.
En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 4 ao 12 de decembro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus.
Leváronse a cabo dispositivos en Boiro, Ames, Carballo, Cee, A Coruña, Dumbría, Ferrol, A Laracha, Muxía, Narón, O Pino, Santiago de Compostela e Teo.
No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron en 213 operativos en 52 municipios cun total de 582 inspeccións, con máis de 665 persoas identificadas e 101 denuncias tramitadas.
Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.
Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

Outros artigos

Rosana Pérez reclama máis solo industrial na comarca do Barbanza

A deputada do BNG Rosana Pérez vén reclamar no Parlamento máis superficie industrial para O Barbanza, ao tempo que lembrou a “escaseza clamorosa” de solo empresarial en Barbanza Arousa, onde os catro parques empresariais existentes (Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo)...

+

AMBAR abre as inscricións para a 10ª Carreira pola Diversidade

A Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional, con sede e actividade na nosa comarca, xa ten abertas as inscricións da 10ª edición da súa Carreira pola Diversidade. Celebrarase o domingo 14 de xullo ás 10:00h na explanada de Coroso, Ribeira. Trátase dun...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un poeta llamado Sémper”. Xosé Antonio Perozo

“Un poeta llamado Sémper”. Xosé Antonio Perozo

El mimetismo positivo del correligionario con el líder es un fenómeno en desaparición. Puede ser debido a dos circunstancias. Una, la falta de carisma de la mayoría de los dirigentes políticos de nuestros días. Dos, la proliferación y diversificación de sus presencias...

“Mi Buenos Aires querido…”. José Castro López

“Mi Buenos Aires querido…”. José Castro López

Mientras escribo suena “Mi Buenos Aires querido” en la voz de Carlos Gardel, elinmortal interprete del tango, la expresión artística única que refleja la identidad deArgentina y de su gente.Mi primera noticia de Buenos Aires se remonta a la ya lejana infancia cuando...