A morte de catro persoas pola COVID-19 eleva o total de falecidos en Galicia a 1.327

16 Decembro 2020


A Consellería de Sanidade informou este mércores da morte de catro persoas con coronavirus –todas con patoloxías previas– nas últimas horas, de forma que o total de falecidos en Galicia ascende a 1.327.

Esta cifra de defuncións é a mesma que a do pasado martes –catro vítimas– e menos en comparación coas do luns –sete–.

Dous destas persoas faleceron en residencias. Un home de 80 anos na de Vila do Conde de Gondomar e unha muller de 88 anos na de San Salvador de Guntín.

Ademais, producíronse outros dous óbitos de dúas mulleres ingresadas no Chuac da Coruña, de 74 e 89 anos.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.