A Covid-19 sobe en Boiro, Santiago, Ourense e Vigo. Aumentan os casos nos concellos limítrofes

14 Decembro 2020

A situación máis grave segue estando en Boiro, que alcanza os 224 positivos en 14 días. Isto, debido á súa poboación, dispara a súa incidencia acumulada 1.175 positivos por cada 100.000 habitantes.

Máis de 1 de cada 100 habitantes de Boiro deu positivo nas últimas dúas semanas. O foco parecía que perdía fol nas pasadas xornadas, pero avivouse hoxe. Boiro é a última das localidades perimetradas, hai uns días 10 días, e o problema dista de estar atallado. Ademais, todos os municipios colidantes do Barbanza dos que hai datos experimentan hoxe subidas de positivos.

Por concellos Ribeira rexistra 66 casos en dúas semanas, catro mais onte. A Pobra ten 16, dous mais. Boiro rexistra 224 casos en dúas semanas, 16 novos casos onte. Rianxo 22 casos en 14 días, un maís onte. O Son, Lousame e Dodro teñen entre 1 e 9 casos en dúas semanas. Noia 28 casos, dous novos.

Como consecuencia os repuntes de Boiro e Santiago déixanse notar na área sanitaria de Santiago-Barbanza que non chegaba os 952 positivo desde o pasado 26 novembro .

Amais a Consellería de Sanidade notificou o falecemento de seis persoas que estaban diagnosticadas de covid-19 e que xa contaban con patoloxías previas. Así, o total de vítimas desde o inicio da pandemia elévase a 1.312.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...