A Xunta activa este luns a a alerta laranxa por temporal costeiro e aconsella a suspensión de actividades no mar

13 Decembro 2020

Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro por mar combinada do noroeste con ondas entre 5 e 7 metros

Todo o litoral de Galicia volve este luns á alerta laranxa por temporal costeiro ante a previsión de mar de fondo con ondas de entre cinco e sete metros.

A Axencia Española de Meteoroloxía decreta de novo a alerta para este luns e así a costa galega estará en aviso desde a medionoche do luns e, polo menos, ata o martes, cando se espera que melloren as condicións no mar.

Proteción civil lembra a importancia de manterse afastados de diques, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos, e de todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Tamén se aconsella extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas.

Outros artigos

En Rianxo, a AECC pon en marcha o Club de Saúde

A Asociación Española Contra o Cancro pon en marcha en Rianxo o Club de Saúde, un programa gratuíto e dirixido a persoas con cancro, superviventes e familiares. De setembro a novembro, comezando o 24 de setembro, celebraranse oito obradoiros de saúde física, emocional...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.