A Asociación Virxe do Carme de Rianxo celebra o Nadal este sábado con música, contos e maxia

11 Decembro 2020

A Área de Cultura do Concello de Rianxo compartiu con nós unha importante actividade festivo-cultural programada para este sábado 12 de decembro, na Sala Arcos Moldes do Auditorio e organizada polo colectivo local Asociación Virxe do Carme. Trátase dun Festival de Nadal que se vai desenvolver baixo as máis rigorosas medidas de seguridade e que dará comezo ás 18.00 horas cos espectáculos 4 Monos da Tropa do Trapo e Hogus Pocus do Mago Paco.

A reserva de entradas, que serán limitadas por mor da COVID-19, poden facerse a través da conta reservaentradas@charlatana.org. Cómpre indicar nomes e apelidos e teléfono de contacto.

O espectáculo 4 Monos vén da man de Brais das Hortas e Marta Ortiz (Tropa de Trapo). Mestura música e narración oral e é especialmente indicado para público infantil e familiar.

Polo que respecta a Hogus Pocus do Mago Paco é un encontro coa maxia e humor para nenas e nenos de máis de tres anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.