” Unha vara de medir as ilegalidades pesqueiras de China”. Antón Luaces

03 Novembro 2020

Tiña a case absoluta seguridade de que a presenza da inmensa frota chinesa en augas alleas ao gran país asiático tería resposta. A primeira, e contundente, foi a de Ecuador, cuxa armada procedeu ó apreixamento dun dos arrastreiros chineses, incoando un expedente que polo de agora non se resolveu. A segunda resposta ven de Estados Unidos de América (EE. UU), que desprazou ao Pacífico Occidental varios dos seus gardacostas destinados a colaborar na disuasión en actividades ilícitas da frota pesqueira de China -a maior do mundo-, mesml apreixando algúns dos seus barcos acusados -como no citado caso de Ecuador- de practicar pesca de arrastre ilegal en augas territoriais doutras nacións.
Nunha información publicada por Galaxia Militar sinálase que os mencionados gardacostas norteamericanos, da clase “Centinela”, establecerán a súa base na rexión para combater as actividades “desestabilizadoras e malignas” da frota pesqueira chinesa. O asesor de Seguridade Nacional da Casa Branca, Robert O´Brien, afirmou que a resposta da Guarda Costeira ten coma obxectivo reforzar a soberanía das nacións da rexión. Os gardacostas levarán a cabo  operacións de seguridade marítima para afirmar a liberdade de navegación, salvagardar os buques pesqueiros e traballar coas autoridades pertinentes no vecindario.

Dado que China está a reclamar case que todo o Mar da China Meridional como súa e ten desputas fronteirizas marítimas con distintas nacións asiáticas -incluíndo Taiwán, Vietnam, Filipinas, Indonesia, Malasia e Xapón- a práctica dos barcos chineses de pescar en augas disputadas é estremadamente común. Tamén se sabe que a Armada de China escolta os seus barcos pesqueiros por augas estranxeiras e disputadas, feito que viola o dereito marítimo internacional.
Estados Unidos de América acusou a China de afundir un pesqueiro vietnamita,  interrompiu as operacións de gas e petróleo de Malasia e de invadir a Zona Económica Exclusiva (ZEE) de Indonesia.
Nun incidente especialmente preocupante, acontecido o pasado verán en augas das illas Galápagos (Ecuador) -onde existe unha sorprendente biodiversidade- perto de 300 barcos chineses permañeceron fora da xurisdicción local durante 30 días, rexistrando un total de 78.000 horas de pesca. Outro tanto está a pasar en distintos países africanos.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.