Unha ducia de docentes formáronse en diversidade funcional auditiva da man de AMBAR e a FAXPG

30 Novembro 2020

O pasado sábado 28 de novembro celebrouse a cuarta xornada formativa do proxecto de educación inclusiva EDUDiversa (unha sesión de aprendizaxe centrada na Diversidade Funcional Auditiva e LSE), promovido por AMBAR dende Ribeira. A iniciativa, financiada pola Obra Social La Caixa, celebrouse de maneira online e de balde para todos os participantes.

Desta volta, a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) formou a 13 profesionais do ámbito educativo nas necesidades pedagóxicas das persoas con diversidade sensorial auditiva. O curso finalizou cunha pequena introdución á lingua de signos.

EduDiversa é un proxecto que ten como principal obxectivo mellorar os apoios á diversidade na educación ordinaria do Barbanza. “No sistema educativo español non existe un recoñecemento xeneralizado do modelo de dereitos humanos da diversidade”, explica un informe do Comité sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU. Os plans de reforzo e as estratexias levadas a cabo por EduDiversa xorden das enquisas de investigación realizadas por AMBAR sobre as necesidades de apoio á diversidade que existen na comarca.

Outros artigos

Falece unha ribeirense de 50 anos atopada no chan da súa casa

Unha muller de 50 anos, cuxa identidade responde as iniciais T.M.M., faleceu esta noite na súa casa da céntrica Rúa Méndez Núñez, de Ribeira. Segundo informa o Diario de Arousa , foi a súa parella a que ao redor das oito do serán chamou o 112 para comunicar que non...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...