Teatro do Improvisto leva este sábado as aventuras de Nanda ao Auditorio de Rianxo

27 Novembro 2020

Este sábado 28 de novembro o Auditorio de Rianxo (Sala Arcos Moldes) acolle a representación de Nanda na encrucillada, un espectáculo de Teatro do Improvisto. Será ás 19.00 horas e, por mor das restricións pola COVID-19, virá con aforamento limitado. Trátase dunha peza destinada ao público familiar, preferentemente para crianzas a partir dos oito anos.

Respecto do argumento, o espectáculo tan a Nanda como protagonista, que, farta de todo o que a rodea, decide emprender unha viaxe sen rumbo, cargada cunha maleta que pesa menos que todos os seus conflitos internos. “A obra é unha crítica aos pretextos establecidos; unha forma de ver máis alá do camiño que supostamente debemos seguir”, explican dende Teatro do Improvisto.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

A liberalización do transporte ferroviario incrementou notablemente o número de trens que circulan polas nosas vías. A entrada de operadores privados transformou o sistema, pero tamén elevou as esixencias sobre unha infraestrutura que debe ser, por encima de todo,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.