SumaRibeira pide facilitar o acceso da cidadanía á información municipal

26 Novembro 2020
Xurxo Ferrón, concelleiro voceiro de SumaRibeira

Xurxo Ferrón Vidán, concelleiro voceiro do Grupo Mixto SumaRibeira, presentou ante a Corporación unha proposta dirixida a impulsar e fortalecer a transparencia informativa no ámbito local, poñendo o foco na necesidade de acurtar a distancia entre os datos municipais e a cidadanía. A agrupación cidadá basea o seu rogo na formulación do concepto de transparencia (que, sosteñen, debe ser un rumbo a seguir e non unha meta acadada) e na necesidade de contar a nivel ribeirense con medidas que axuden a detectar eivas neste ámbito ou “prácticas que dificulten ou impidan analizar, criticar ou fiscalizar”.

En termos máis concretos, a proposición de SumaRibeira diríxese a pór fin aos atrancos coma o que se describe nestes termos “Recentemente tivemos coñecemento de que aínda no 2020, para obter información dun expediente municipal, a persoa interesada debe presentarse fisicamente no Consistorio para revisar o expediente, escollendo as páxinas das que quere dispoñer e aboando unha taxa de 46 céntimos por páxina de formato A4”, explica a plataforma cidadá, engadindo que “con este sistema, se ao revisar as copias pedidas esta persoa se decata de que precisa máis, terá que volver a solicitar quenda, revisar de novo o expediente nas dependencias municipais e localizar, solicitar e pagar de novo polas copias obtidas”. Para SumaRibeira trátase dunha “tarifa inxustificada e desproporcionada e cremos que debe ser reducida de xeito significativo, xa que de feito supón un atranco ao acceso á información”.

A agrupación cidadá tamén lembra que aos atrancos devanditos “súmase o feito de que cando persoa interesada solicita a información en formato dixital, aportando ela o soporte para o almacenamento, lle sexa aplicada a mesma tarifa”.

E engaden dende SumaRibeira: “Que por facilitar información de expedientes dixitalizados en soporte aportado pola usuaria se aplique a mesma taxa que en formato papel nos parece un despropósito dobremente incomprensíbel, por unha parte polo que ten de potenciación do consumo innecesario de papel, tinta e enerxía, e por outra, polo abismo existente entre o custe que para a Administración municipal ten o subministro da información e o que se lle cobra á usuaria”.

A plataforma que coordina Xurxo Ferrón sostén que sería apropiado aprobar os puntos seguintes:

1- Que se reduzan das taxas actualmente establecidas para a obtención de fotocopias en papel ata un prezo aproximado ao custe medio que supón para o Concello o seu fornecemento.

2- Que en consonancia co punto anterior se reduzan ás taxas a aplicar para a obtención de información en formato dixital, que sempre que sexa posíbel será potenciada cara a contribuír á diminución da contaminación ambiental.

3- Que sexan dadas as instrucións e se dote dos medios necesarios para que en todas as obras nas que corresponda, antes do seu inicio, se proceda á colocación do preceptivo cartel de obra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.