Soben os positivos da COVID no Barbanza. Ribeira e O Son baixo vixiancia poderían entrar en peche perimetral

22 Novembro 2020

Ribeira está baixo especial vixilancia por parte do comité científico e ao bordo do peche perimetral ante a elevada incidencia do covid-19. No concello ribeirense diagnosticáronse 89 dos máis de 200 contaxios detectados en toda a comarca nos últimos 14 días.
Eses 89 casos localizáronse ben a través de PCR ou ben coa proba de antíxenos. Ribeira supera os 250 casos por cada 100.000 habitante, o que o pasar por riba de 200 é un dos criterios que segue o comité científico para decretar o peche perimetral. No caso do municipio ribeirense, decidiuse esperar catro días para ver se se confirma a tendencia ou se a afectación do coronavirus remite.

Por outra banda Porto do Son está baixo vixiancia xa que tamén está por encima dos 250 casos por cada 100.000 habitantes. En canto aos contaxios totais contabilizados nos últimos 14 días, son 31, algúns menos que os localizados en Boiro, nos que se rexistrou un repunte na última semana. No seu caso, os novos positivos confirmados son 47 e tamén presenta unha incidencia acumulada elevada, entre 150 e 250 casos, a mesma que ten Muros, con 16 enfermos diagnosticados nas dúas últimas semanas.

Rianxo, Outes, Carnota e Lousame e A Pobra están en mellor situación onde en 14 días detectáronse menos de nove positivos en covid-19.

No que se refire aos centros educativos da comarca en Ribeira, hai casos en practicamente todos colexios tras sumarse á lista o CPR A Milagrosa de Oleiros. En total son 14 os positivos contabilizados en oito centros.
Na comarca hai 27 alumnos contaxiados en 17 colexios e institutos, entre os que xa non se atopa o da Cachada en Boiro tras a alta dun afectado. Nos últimos días umáronse o Jaime Balmes de Noia cun caso e o IES Porto do Son, con outro. No María Assumpta noiés e no CIFP Coroso o número de positivos subiu dun a dous.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Testemuña dun golpe anunciado”. Antonio González Millán

“Testemuña dun golpe anunciado”. Antonio González Millán

Estas tardes quedas e frías de inverno son a oportunidade para atallar propósitos que, tempo atrás, e noutras circunstancias, non poderíamos atender. Chove quedo afora. Manan as beizóns da auga do ceo entre parques arborizados e poemas labrados nas pedras da...

“El eterno dilema” – Manuel Domínguez

“El eterno dilema” – Manuel Domínguez

Eterno dilema. ¿El fin justifica los medios, si o no? Mi opinión, todo depende del resultado final. Asesino es quien mata a otro. Pero como siempre hay salvedades, si yo matase a quien tú piensas, y puedes pensar en plural, no seria asesino, sino salvador de muchas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.