Sete mortes elevan a 951 os falecementos pola covid-19 en Galicia

03 Novembro 2020

Baixan os contaxios nun día en Galicia con 425 positivos, o que si aumentan son os hospitalizados con 545 deles 79 pacientes están en unidades de críticos.

Na área sanitaria Santiago-Barbanza rexistraronse 54 positivos por probas de PCR. Hai 63 hospitalziados e 14 en UCIS, os pacientes con infección activa son 1.348. O número de falecidos na área elevanse a 144 dos que 30 son da comarca do Barbanza.

A Consellería de Sanidade informou de sete falecementos rexistrados este martes por covid-19 o que eleva a 951 as vítimas mortais provocadas pola pandemia en Galicia desde o seu inicio. As mortes son as de dous homes de 66 e 58 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), o segundo deles procedente da residencia Ricardo Baró, de Oleiros (A Coruña). No Complexo Hospitalario Universitario de Vigo ( CHUVI) morreron unha muller de 95 anos e un home de 93. Outra muller de 83 anos faleceu no Arquitecto Marcide de Ferrol. No Hospital Público dá Mariña morreu unha muller de 91 anos procedente da residencia San Cibrao, de Cervo (Lugo), e no Hospital Lucus Augusti ( HULA) unha muller de 89. Todas estas persoas tiñan patoloxías previas segundi o servizo galego de saúde.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...