Ribeira librase, de momento, do peche perimetral á espera de como evolucionen os positivos

24 Novembro 2020

O comité clínico que analiza a expansión do coronavirus en Galicia decidiu manter en Ribeira unha observación específica” da súa evolución epidemiolóxica, aínda que polo momento continúan co nivel de restricións actual. De momento, pois, o concello ribeirense non entra en peche perimetral á espera da evolución dos casos.

Por outra banda incorporase ao municipio pontevedrés de Moaña ao grupo dos territorios coas restricións máis severas, do cal por contra, saen os concellos de Verín, Amoeiro e Coles, na provincia de Ourense; Trazo, Boqueixón e Val do Dubra, na provincia da Coruña; e Monforte (Lugo) e Campo Lameiro (Pontevedra).

Na súa reunión deste martes, o grupo de expertos, presidido polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, decidiu incorporar a Moaña ás medidas do nivel 3, que supoñen o peche perimetral do municipio, que os locais de hostalería só poden abrir para servizos de comida para levar e que quedan prohibidas as reunións sociais entre persoas que non viven baixo o mesmo teito.

Por contra, o comité clínico de expertos que segue a evolución da Covid-19 en Galicia decidiu o levantamento das restricións máis duras nos oito municipios referidos, co que son 62 os concellos coas medidas do nivel 3, incluídas as sete grandes cidades galegas.

Todas estas medidas serán publicadas este miércioles no Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor a partir da medianoite do mércores para o xoves.

Con todo tamén Dumbría, as ourensás de Petín e A Rúa e a pontevedresa da Lama acordouse implementar “unha observación específica” da súa evolución epidemiolóxica, aínda que polo momento continúan co nivel de restricións actual.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.