Ribeira entra no nivel máximo de alerta, que suma 39 municipios en Galicia. Noia segue no dous.

12 Novembro 2020

O municipio de Ribeira pasou a nivel 3 de alerta pola evolución da incidencia da COVID-19.

Así se reflicte nos datos de Sanidade plasmados no mapa de incidencia da pandemia este mesmo xoves, no que o total de concellos que se atopan neste nivel baixaron a 39 ( Ribeira súmase aos concellos en nivel vermello da provincia da Coruña, no que tamén están Teo, Vimianzo, Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Malpica, Coristanco, Carballo, Arteixo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Oleiros, Narón e Ferrol).
Un total de 26 municipios atópanse, ademais, no nivel dous de alerta por coronavirus entre eles está Noia. Na comarca O Son, Boiro e Muros seguen en nivel 1. O resto en nivel 0.

Mentres en Ribeira desde este mediodía estase a realizar ata o domingo o cribado a 5.500 persoas, tal como informamos en O Barbanza, cribado para o que o alcalde fixo un chamamento á cidadanía e ás empresas para que colaboren a facela.

Pola súa banda, os municipios de Ames, Cee e Fene saíron da alerta máxima e pasaron a nivel laranxa descenderon a 39. En concreto, Sarria, Cervo e Viveiro na provincia de Lugo; e Barbadás, Ourense, A Rúa e Verín na provincia ourensá.

Así mesmo, Tomiño, Salceda, A Cañiza, Moaña, Cangas, Cambados, Caldas de Reis rexistran alerta laranxa na provincia de Pontevedra e Noia, Santiago, Ames, Cee, Santa Comba, Laxe, Camariñas, Ponteceso, Ordes, Bergondo, Sada, e Fene na provincia coruñesa.

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.554 deles 1.855 son da área da Coruña, 1.064 da de Lugo, 880 da de Ourense, 1.250 da de Pontevedra, 2.426 da área de Vigo, 1.148 da de Santiago, e 931 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 90 están en UCI, 514 en unidades de hospitalización e 8.950 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 32.983 persoas curadas, rexistrándose 1.039 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 772.334.

Outros artigos

Ambar inaugura no Museo do Gravado de Artes a exposición “Acotío”

Este venres 7 de novembro o Museo do Gravado de Artes acolleu a inauguración da exposición Acotío, unha mostra que reúne oito pezas de gravado en punta seca realizadas por artistas da área de arte da Asociación Ambar. A exposición é o resultado final dun obradoiro...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.