Cribado en Ribeira en 5.500 persoas. O alcalde pide a maior colaboración cidadán e empresarial

11 Novembro 2020

A xerencia da Área Sanitaria de Santiago levará a cabo un cribado poblacional a máis de 5.500 persoas con Tarxeta Sanitaria nos centros de Saúde de Ribeira de entre 40 e 50 anos ante o incremento de casos e a imposibilidade de seguir a cadea epidemiolóxica en moitos deles.
Iniciarase mañá xoves 12 e os citados recibirán unha mensaxe de SMS coa hora e o lugar da cita (a Lonxa nova do Porto de Ribeira) e desenvolverase ata o domingo.
Realizarase toma de mostras nasofarinxea para realizar PCR que serán analizadas a través da técnica pooling.
O acceso ò Porto e peonil, non se recomenda acceder en coche. A xerencia agradece a colaboración do Concello de Ribeira polo apoio da policía local e protección civil para dirixir na chegada aos cidadans citados, así como a Portos de Galicia e a Xerencia da Lonxa.

Lonxa de Ribeira onde se fará o cribado

Pola súa banda

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, desexa solicitar da cidadanía do concello a máxima colaboración e comprensión ante a convocatoria da
xerencia da Área Sanitaria de Santiago para levar a cabo, entre mañá
xoves e o domingo na nova lonxa, un cribado poboacional a través de
PCRs a máis de 5.500 persoas de entre 40 e 50 anos de idade.
Policía Local, GAEM e Protección Civil estarán colaborando no
control do acceso á lonxa dos veciños citados, algo para o cal se
prega manter todas as cautelas aos alí convocados mantendo a
distancia social, levando a mascarilla correctamente colocada, etc.
Cooperación empresarial
Así mesmo, dende esta Alcaldía solicítase a colaboración das
empresas de tal xeito que os traballadores que fosen convocados
poidan acudir á hora en que foron citados (ou, de ser imposible,
alomenos no propio día da cita) sendo como son unhas probas de
moi curta duración.
Por extensión, e dado o incremento de casos covid positivos
rexistrados nos últimos días no termo municipal ribeirense, apélase a
que todos extrememos as precaucións profilácticas e a evitar todo
contacto social innecesario no ánimo de atallar a situación.
Neste obxectivo, por parte do Concello adoptaranse todas as medidas
oportunas para suspender todos os eventos e actividades municipais
(como cursos, exposicións, obras teatrais, etc) a partir da tarde de
mañá e ata o día 23 de novembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.