Nos anos da “democracia orgánica” tiñamos a censura do goberno, el decidía o que publicar e o que non. Eu sufrín dobre censura, cando me nomearon director da Revista de Náutica, tiven que pasar pola censura do goberno, pero antes pola do director da E O N.
“O Goberno crea un comité que vixiará os medios de ‘desinformación’“
“O Ministerio dirixido por Carmen Calvo sinala que os cidadáns deben ter acceso a unha “información veraz e diversa” e que se ve “cada vez máis ameazada” pola “difusión deliberada” de información falsa“

Logo, na etapa dos tecnócratas, saíu a lei Fraga, na que suprimiu a censura do estado e creo a autocensura, é dicir publica o que queres, se te pasas pagas cunha sanción, es libre de publicar, pero se non é do meu agrado sanción económica, co que nace a cruel autocensura.
Hoxe instalouse George Orwell en Moncloa, a cifosis non sacia a súa fame co CNI, non é suficiente, agora decidirá o goberno o que é real e o que é mentira, xa non será o lector o que analice e decida que crer ou non, o lector é menor de idade, que os hai e en abundancia, mesmo xa veremos algunha voz ignara defendendo a postura do goberno.
Non son máis, porque non naceron antes.
O goberno, que recoñezo que ten polo menos un experto na materia, cando tiña un salario de 900 €, na súa mesita de noite gardaba como reliquia os escritos de Antonio Gramsci, agora resucita os de Orwell, el aplicou con mestría o aprendido en “Rebelión na granxa”, aos seus adláteres e non adláteres, quere aplicarlles o aprendido en “Un Mundo feliz”, e agora tenta aplicarnos a nós o aprendido en 1984.
O goberno, alumnos de J Goebbels, non entenden, e é evidente aos feitos remítome que estamos noutra época e que todo tempo pasado é anterior.
A prensa, os medios en xeral non o permitirán, como nós cidadáns libres donos do noso destino non o permitiremos, aínda que hai algún medio de comunicación que se lles adianto, dinnos o que está ben e o que mal, tal cal Iglesia, que non Iglesias, aínda que si, eles dirannos que crer, o que é verdade e o que mentira.